Alternativa Vaivén – 18 novembro 2017

Era 18 de novembro de 2017 e Saltimbanquis, Andaina e ADS quedaban coma tódolos sábados ás 11,00 h. en Abertal. Logo dun Magosto conxunto no Vixiador, gozarían dunha mañá cada quen no seu movemento.

ADS, comezou a súa xornada de Compostela Express na rúa Venezuela, pero os e as intrépidas participantes non saberían ata o final que a mañá remataría nun castelo. Recorrendo a cidade a toda presa, para poder chegar a todas as pistas. Rematando a mañá argallando algo entre macetas e sementes, que veremos a final de curso.

Andaina continuaba mergullándose nos 5 sentidos; hoxe tocaba o olfacto e as posibles esencias que desprendemos. Cal é a nosa esencia? Esa foi a pregunta que inundou toda a actividade. Coa que deixaron un regusto doce preparado con froitas, nata

Saltimbanquis non ía deixarse amedrentar pola fría mañá que nos agardaba, e xogos de inverno, ao estilo esquimó, fixéronnos quecer o corpo rapidamente. Da man de Teresa, facendo do menos atractivo o máis emocionante, rematamos a mañá cun conto que nos lembrou que a solidariedade non está pasada de moda e fai da nosa contorna un lugar mellor. 

 

Aquí atoparás unha mostra de fotos.