Alternativa Vaivén – 6 maio 2017

6 de maio, festividade de Santo Domingo Savio, toda a familia salesiana celebra este día con grande ledicia pero en especial os rapaces e rapazas de ADS (Amigos Domingo Savio). Respirábase un ambiente festivo na acollida, que continuou ao longo de toda a mañá, na que o “ADS chou” foi a excusa para seguir coñecendo a Domingo Savio. E como non hai alegría sen compromiso, o tempo de paz pechou a mañá e abriu as mentes cunha sinxela pregunta… “en que se che nota que eres ADS?”

Andaina, por outra banda, pensando xa na Xuntanza do IEF en Ourense do vindeiro sábado 13 de maio de 2017, convertiu a súa sala nun set de gravación. Doblaxes, imitacións e un montón de tomas falsas encheron a mañá. Orgullosos do traballo realizado, so queda agardar a ver o resultado final no Andaina Film Festival!!

Saltimbanquis, acompañados por Pablo, o amigo máis deportista de Juanito, probaron xogos e deportes alternativos. Agradeceron o sol que saiu de entre as nubes para gozar da mañá cos nosos amigos e amigas. Tamén tivemrn tempo de darse conta do valioso que é o corpo, agasallo que queremos coidar!

 

Aquí podes ver unha escolma de fotos.