Alternativa Vaivén – 20 maio 2017

A mañá do 20 de maio de 2017, comezaba soleada para os grupos de Alternativa Vaivén. Con tal motivo, Andaina e Saltimbanquis decidiron saír á rúa e dirixirse ao Castro para gozar da natureza, do sol e da compañía.

Saltimbanquis, da man de Ana, unha gran amiga de Juanito, aproveitaron a natureza para xogar e pasalo ben e ao longo da mañá descubriron o ben que se pode pasar nunha contorna natural ao mesmo tempo que se coida. Andaina, na mesma liña do movemento Saltimbanqui lembrou unha das súas 7 regras de ouro: Respectamos, protexemos e amamos a natureza.

ADS con máis responsabilidades na cabeza, nesta mañá, repartiu o tempo de xeito que puideran prepara actividades e pensar no resto dos detalles a ter en conta para a vindeira acampada do 3 e 4 de xuño (Acampada de final de curso e Festa dos Símbolos). O resto dos rapaces e rapazas de Alternativa Vaivén agradecerán todas as ideas propostas para pasalo ben eses días!

Aquí atoparás unhas fermosas fotos desta mañá.