V Mañás de Entroido

Un ano máis, a Asociación Xuvenil Abertal (Vigo, r/Venezuela, 3) abriu as súas portas aos pequenos da casa nas “V Mañás de Entroido”. É un campamento infantil, para nenos de 3 a 12 anos, aberto á cidade, que durou tres días, coincidindo coas vacacións escolares de Entroido.

Esta ano, foi a quinta edición do campamento, no que 40 nenos e nenas gozaron das súas vacacións de Entroido en Abertal. Deste xeito, as familias puideron conciliar a súa vida laboral e familiar.
Nenos e animadores xuntáronse cada día, dende as 8,45 h. da mañá ata as 14,00 h. da tarde para gozar dos diferentes obradoiros e xogos. Por exemplo de cociña, de máscaras, de tradicións galegas de Entroido, de creación de disfrace, moito maquillaxe e tamén baile!!
Así que nestas vacacións o centro xuvenil deu a benvida polas mañás a rapaces e rapazas de toda a cidade. Queremos que Abertal sexa un lugar para imaxinar, descubrir e crear, fomentar a creatividade, o compañeirismo e traballo en equipo, rir … sen dúbida, de todo menos aburrirse.

Pincha aquí, para ver a escolma de fotos