Día da muller – 8 marzo

O pasado 8 de marzo de 2017, co gallo do Día Internacional da Muller, saiu á luz unha exposición fotográfica titulda ” A muller en Abertal …”, frase que continuaban cada unha das mulleres, nenas, rapazas, etc., que forman parte deste centro xuvenil concretada coa acción que nesta asociación desenvolven (programar, coordinar, xogar, facer voluntariado, etc.).

A continuación amosamos unha escolma de persoas e accións (para ver as fotos pincha aquí):

Rosa e Rebeca- Programan: Encárganse de preparar as actividades para rapaces e rapazas con diversidade funcional, do Club de Ocio.

Paula- COORDINA: Ten na súa mente e traballa en prol de todos os proxectos de Abertal .  Ademais, encárgase da economía de Abertal (espremer ao máximo os cartiños).

Estefanía-TRABALLA NA BASE DE DATOS: É unha das persoas que está a preparar unha base de datos para facilitarlles a tarefa ao resto de traballadoras.

Alejandra- AXUDA A COORDINAR: Está presente sobre todo no Itinerario de Educación na Fe e nas actividades xuvenís.

Bea- LIMIPA E ORDENA: Preocúpase porque todas as salas están limpas e ordenadas para facer as actividades.

Antia-ANIMA: É unha animadora de Catecumenado (Iniciación II) e ademais traballa no comedor e na biblioteca de cole.

Ariadna- TRABALLA EN PROXECTOS EUROPEOS: Envía e acolle voluntarios europeos, tamén informa para axudalos a atopar un proxecto no que participar.

Paula e Imén-LEN E APRENDEN: Son unha voluntaria e unha rapaza de Xinxín respectivamente. Paula decidiu dedicar o seu tempo libre en aprenderlle gratuitamente aos que mais o precisan. E a Imén, logo  de facer os deberes, gústalle ler e xogar.

Antía, Candela, Virginia, María e Blanca – FALAN: As dúas primeiras son voluntarias de Alternativa Vaivén, e todas xuntas pasan a tarde dos venres na sala de xogos falando e nos grupos de catecumenado.

Marta e AS RAPAZAS DE MAÑÁS DE ENTROIDO – XOGAN: Marta é a animadora de tempo libre no Itinerario de Educación na Fe e noutras actividades de tempo libre para mociños e mociñas.

Raquel e Alba- DIVÍRTENSE: Ambas participan e organizan actividades xuvenís. Tamén están nun grupo de Iniciación II (catecumenado)

Agnieszka e Eleptheria – FAN VOLUNTARIADO: Son unhas rapazas polaca e grega que viñeron a Vigo a facer unha experiencia de voluntariado en Abertal

Antía, Candela e Ángela- ACOMPAÑA: Ángela, presidenta de Abertal, nai de rapaces que veñen ao centro xuvenil, tamén é animadora de catecumenado destas dúas fermosas rapazas (animadoras de Saltimbanquis, Andaina e ADS)