Contapintacontos por Don Bosco

No mes de xaneiro, querendo soñar con eventos de igual calado que os do Bicentenario de Don Bosco, volvemos traballar en colaboración coa Libraría Don Bosco nunha actividade lúdica e educativa pero con un ton de novidade. Isto eran os Contapintacontos.

Esta actividade foi dinamizada por dous profesionais da animación á lectura e da ilustración, Olalla González e Marc Taeger. Moitos eran os que se preguntaban que era isto dos Contapintacontos e na mañá do sábado 28 de xaneiro de 2017, pequenos e maiores descubrimos como a libraría se podía transformar nun lugar máxico no que gozar das aventuras dos contos de “Garavanciño” e “A verdadeira historia de carapuchiña vermella”. Fomos mergullándonos nos relatos ao mesmo tempo que o ilustrador nos axudaba a facernos unha idea das personaxes. Cando xa sonaban os aplausos, sendo hora de rematar, a emoción embargou aos curiosos espectadores e pediron unha última historia que non estaba prevista, a de Artur. Soñando novas aventura e con ganas de repetir, dimos por finalizada a mañá e nenos e nenas reuníronse coas familias ás que lle tentaban resumir apresuradamente o entretida que fora a mañá.

 Para ver as fotos destas actividades da mañá do 28 de xaneiro de 2017 preme aquí.