Debido á situación actual o verán non se desenvolverá como nos gustaría. Aínda así non queremos deixar de ter actividades seguras para os grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS, rexéndonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes.

 

A nosa proposta é ter 4 encontros de tarde no mes de xullo 2020:  

martes 14, xoves 16, martes 21 e xoves 23; cun horario de 17,00 h. a  20,00 h.

 

 

 

Movemento educativo

Cursos escolares

Prezo

Non socios

Horario

Saltimbanquis

1º-3º EP

5 €

7 €

17 – 20 h.

Andaina

4º-6º EP

5 €

7 €

ADS

1º-2º ESO

De balde *

-

 

*Os rapaces e rapazas ADS recadaron fondos ao longo do curso, e os empregarán para financiar a súa actividade; xunto cunha excursión a Cambados o xoves 23 de xullo 2020 en horario de 16,00 h. a 23,45 h. á que teñen que levar a cea.

 

Algunhas das actividades que propoñeremos son: cociña, xogos de auga, serigrafía e “tie dye”, xogos no Castro, etc.

 

A inscrición ata o 13 de xullo 2020.

 

Como novidade, precisaremos que asinen a declaración responsable para acceder a estas actividades.

 

Seguimos á vosa disposición en Abertal na rúa Venezuela 3 baixo ou no teléfono 986 22 56 62, para calquera dúbida que poda xurdir.

Agradecemos de antemán a confianza que depositades en nós. Un cordial saúdo.