Arrancamos coa campaña de socios/as 2020-2021 e este ano, como novidade, poderás efectuar o pago da cota de socio/a dende a propia plataforma.

Principais pasos a efectuar na plataforma online:

1- Renovar a cota de socio/a de Abertal entrando no apartado "Solicitude alta socio/a" e ter cumprimentada a documentacion mínima exisida para este paso.

2- Unha vez solicitada podes facer o pago da mesma tendo 3 opcións:

a. Pago directamente na plataforma con Tarxeta de Debito/Credito mediante o TPV virtual.

b. Se tes un "BONO ABERTAL" solicitar ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. que se desconte do bono a cota de socio/a.

c. Achegarte a oficina de Abertal onde poderas efectuar o pago en efectivo ou tarxeta.

3- Se tes algun destinatario menor non esquezas inscribilo na actividade na que participa no menú "Inscripción en actividades".

4- Se es maior de idade e participas nalgunha das actividades (Catecumenado, Grupo de referencia...) podes inscribirte da mesma forma en "Inscripción en actividades".

 

Documentos de axuda para o rexistro na plataforma de xestión:

(Algunhas imaxes dos documentos de axuda poden diferir un pouco de como se mostra actualmente a plataforma, ainda que os procesos son os mesmos. Estamos a traballar nunha guía de axuda actualizada)

Documento de axuda (Abreviado)

Documento de axuda (Completo con imaxes)

 

Acceso á Plataforma Online (O acceso e rexistro so poderán facelo persoas maiores de idade):

plataforma.abertal.org

Se tes algunha dúbida podes porte en contacto con nos no enderezo de correo electrónico que aparece no documento de axuda.