Retomábamos as actividades de tempo libre educativo de Alternativa Vaivén logo dun breve parón a semana anterior por mor do pouco tempo de reacción e reestructuración. Esta pasada fin de semana, sábado 31 de outubro de 2020, organizámonos de tal xeito que cumprindo as medidas sanitarias e a actual normativa, xuntámonos en grupos reducidos de 4 rapaces e rapazas, acompañadas dunha persoa animadora,  adaptamos os xogos ao aire libre, modificamos as aventuras trimestrais, etc.

Ler máis: Alternativa Vaivén 31 out 2020

Logo de ter cancelado as actividades de tempo libre educativo do centro xuvenil a semana anterior por mor do pouco tempo de reacción e reestructuración, esta pasada fin de semana, venres 30 de outubro de 2020, organizámonos de tal xeito que cumprindo as medidas sanitarias e a actual normativa, xuntámonos en grupos reducidos de 5 persoas,  adaptamos os encontros ao aire libre ou pedimos emprestados distintos espazos da Obra Salesiana en Vigo, etc.

Ler máis: Catecumenado 30 out 2020

O pasado 16 de outubro de 2020, logo de adaptar as actividades, buscar espazos e distribuir ao equipo de animadores e animadoras, comezabamos cos grupos de Iniciación e Catecumenado. 

Ler máis: Inicio Catecumenado

Comezábamos a fin de semana do 17 de outubro de 2020, abrindo as portas ás 11,00 h. para acoller a 9 grupos dun máximo de 10 participantes, acompañados polos seus respectivos animadores e animadoras. Saltimbanquis, Andaina e ADS adaptaban as súas acividades acolléndose á normativa do momento, buscando alternativas sen contacto e cumprindo todas as medidas sanitarias.

Ler máis: Apúntate en Alternativa Vaivén

Baixo o título "A beleza da fe", este sábado tivo lugar unha xornada de formación para animadores e animadoras de Centros Xuvenís Salesianos. O evento acolleu a case 700 animadores e animadoras pertencentes a 47 casas de salesianos e salesianas, que reflexionaron sobre como utilizar diferentes linguaxes e expresións artísticas na evangelización.

Ler máis: Formación Inspectorial e Asemblea do IEF