O pasado xoves 2 de xaneiro, 15 persoas do grupo de Catecumenado II comezamos unha significativa acampada de Aninovo que rematou a domingo á mañá. Saímos ás 18,00 h. cara Barciademera, concello de Covelo, xa caera a noitiña e non puidemos ver a fermosa paisaxe ata o día seguinte.

Ler máis: Acampada Aninovo Cate II - Barcia de Mera

O gran grupo de ADS marchaba a tarde anterior ao Compostela Express polo que Saltimbanquis e Andaina aproveitaron todos os recunchos do centro xuvenil, para prepararse para o Nadal.

Ler máis: Saltimbanquis e Andaina 14 dec. 2019

Deporte, noite e solidariedade na terceira edición do Torneo de baloncesto 3x3 de salesianos. Máis de cento trinta persoas inscritas neste torneo, dentro das actividades da Campaña do Nadal Solidario coordinada desde o Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.

Ler máis: III Torneo Solidario Nocturno Baloncesto 3x3

Os pasados 5, 6, 7 e 8 de decembro de 2019 unha representación do Centro Xuvenil Abertal sumábase ao Congreso de CCXX en León. Unha oportunidade para coñecer as outras realidades e amosar a nosa; co obxectivo de aprender, mellorar e compartir camiño.

Ler máis: XIX Congreso Estatal de Centros Xuvenís Salesianos

O sábado 30 de novembro, Saltimbanquis, Andaina e ADS terían a derradeira actividade por movementos en horario habitual do ano. A aventura do 1º trimestre a dábamos por rematada xa que na ponte non habería actividade e o seguinte sábado ADS tería o Compostela Express e Andaina e Saltimbanquis, a súa celebración de preparación do Nadal.

Ler máis: Alternativa Vaivén - 30 novembro 2019