Xornada de rol e xogos de mesa

Co bo sabor de boca que nos deixara a anterior formación en rol e xogos de mesa, quixemos xuntarnos unha tarde de sábado e abrir as portas á cidade para aprender, pero sobre todo xogar.

Acampada Iniciación – ConstrúeT

No primeiro trimestre, os grupos de Iniciación ao Catecumenado xa compartiran unha acampada. E foron as ganas de volver a convivir e compartir algo máis que unha tarde, as que levaron ao redor de 40 rapaces e rapazas a xuntarse … Ler mais

Alternativa Vaivén – 4 marzo 2017

O pasado 4 de marzo de 2017, Andainas e Saltimbanquis compartiron temática. Rapaces e rapazas andainas viaxaron aos anos 70, época do espertar das liberdades, do movemento hippy, da non violencia.

V Mañás de Entroido

Un ano máis, a Asociación Xuvenil Abertal (Vigo, r/Venezuela, 3) abriu as súas portas aos pequenos da casa nas “V Mañás de Entroido”. É un campamento infantil, para nenos de 3 a 12 anos, aberto á cidade, que durou tres … Ler mais

Alternativa Vaivén – 18 febreiro 2017

Logo dunha semana que semellaba primaveral, comezamos cun chaparrón o sábado 18 de febreiro en Alternativa Vaivén. Foron os máis atrevidos e atrevidas as que chegaron correndo algo mollados e entraban nas súas salas de ADS, Andaina e Saltimbanquis para quentalo … Ler mais

Alternativa Vaivén – Neve

Era 11 de xaneiro e Alternativa Vaivén encheu dous autobuses para ir a Cabeza de Manzaneda en busca da neve. As rapazas e rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS xa estaban agardando o momento xa que é a saída estrela … Ler mais

1 34 35 36 37 38 39 40 41