O 6 de febreiro tiñamos que volver ás actividades "en liña" dadas as novas restriccións. O equipo de animadores e animadoras preparaba unha serie de actividades para que cada rapaz e rapaza puidera facer desde a súa casa sin perder a esencia de Alternativa Vaivén, do IEF.

Saltimbanquis, continuaba coa súa aventura do "Ranking Saltimbanqui", adaptando as probas e material para que todos e todas puideran facer as actividades desde a casa. Entre xogos de  axilidade, papiroflexia, bailes e xogos online, pasaron a mañá do sábado un grupiño de nenos e nenas acompañadas polos seus animadores e animadoras habituais.

Andaina viña pedindo actividades relacionadas con Don Bosco xa que as celebracións deste ano foran escasas. E co pasapalabra, varias sopas de letras, e un pictionary, todo elo sobre a familia salesiana, con palabras relacionadas coa vida de Don Bosco, aprenderon un pouco máis da súa vida e, dun xeito diferente, o celebraron.

ADS manteu a actividade comezando por unha partida de Among Us, como excusa para conversar e pasar un bo rato cos compañeiros e compañeiras que non adoitan ver. Continuaron cun "furor" por equipos, cunha morea de actividades musicais que animaron a mañá dos mozos e mozas.

 

Aquí tedes unha imaxe de cada un dos grupos.