DEZ ANOS DE EXPERIENCIA EN TEMPO LIBRE EDUCATIVO E AXUDANDO Á CONCILIACIÓN FAMILIAR. 

Durante os días 23, 24, 28, 29, 30, 31 de decembro de 2020 e 4, 5 e 7 de xaneiro de 2021 celebramos as X Mañás de Nadal.  Nelas participaron preto de 40 nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, que gozaron de actividades de tempo libre educativo, contribuido deste xeito ao seu desenvovemento persoal e facilitando a conciliación familiar. Para facilitar a participación dos nenos e nenas, as actividades desenvolvéronse en horario extendido de 8:00h a 14:00h, mediate o servizo de acollida/aula matinal incluída dentro da programación.

Algunhas das actividades realizadas e que en base á nosa experiencia sabemos que funcionan son:

- Obradoiros de Nadal: bolas de neve personalizadas, árbores de Nadal, felicitacións divertidas etc.

- Xincanas de xogos: slackline, hockey, tiro con arco, just dance, etc.

- Misións imposibles e grandes xogos.

- Visita a exposicións e entrega da carta aos Reis Magos.

- Cine de Nadal.

Todas elas abordáronse sempre dende metodoloxías innovadoras e  fixéronse atendendo ás restricións sanitarias vixentes e respectando protocolos de prevención determinados polas administracións para as actividades de lecer e tempo libre debido á pandemia da Covid 19.

Podes ver imaxes do que foi Mañás de Nadal premendo aquí