O Centro Xuvenil Abertal coordinou na Obra salesiana de María Auxiliadora de Vigo o reto de recoller alimentos para contribuír coa Cáritas parroquial neste Nadal tan difícil para tantas familias.

Desde o pasado 9 de decembro estivo en marcha a campaña de recollida de alimentos promovida desde Abertal, decana das campañas deste estilo de cantas se desenvolven na cidade olívica, en colaboración con varias entidades e establecementos do barrio e que foi destinada a Cáritas parroquial, que durante todo o ano atende a 43 familias todos os meses. O Centro Xuvenil Abertal, entidade socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, promove esta actividade desde os anos oitenta ("Operación Trigo").
Un bo equipo de voluntarios e voluntarias xunto co Equipo de Pastoral do Colexio Salesiano María Auxiliadora de Vigo, seguiron de preto a recollida de alimentos  e agradeceron sobre todo a achega de produtos e doces típicos do Nadal, que permitiron entregar ás familias do barrio un paquete tan especial como especiais son estas datas.
Non competimos con outras entidades e organizacións que fan actividades semellantes, senón que tentamos visibilizar tanto as necesidades como a solidariedade nas distancias máis curtas, tamén neste barrio do centro da cidade.

Moitas gracias a todas as persoas que aportaron o seu graniño de area, que fixeron posible poder organizar e entregar os 1.800 Kg