Un novo venres, 13 de novemebro de 2020, reuníanse os grupos de Iniciación e Catecumenado, cada quen no seu espazo asignado (ben na parroquia, no patio, nas salas de Abertal, etc.).

Algúns grupos sumáronse á proposta da Confederación Don Bosco, que nos convidou a traballar a temática de actualidade sobre o emprego das TIC e redes sociais. Esta foi unha proposta que  nace do Foro de participación adolescente. Concretamente, tratouse o tema da exposición nas redes sociais, o uso saúdable das mesmas e as moitas posibilidades de comunicación que ofrecen.

Outros grupos, seguiron mergullando no MeNosLoLo, e desta vez foi o tema da autoestima o que se traballou nos grupos dos máis pequenos.

Por outra banda, o grupo de Catecumenado II comezou o seu "proxecto de vida" co que continuar medrando acompañados e acompañadas polo grupo.

 

Pincha aquí para ver as fotos.