Retomábamos as actividades de tempo libre educativo de Alternativa Vaivén logo dun breve parón a semana anterior por mor do pouco tempo de reacción e reestructuración. Esta pasada fin de semana, sábado 31 de outubro de 2020, organizámonos de tal xeito que cumprindo as medidas sanitarias e a actual normativa, xuntámonos en grupos reducidos de 4 rapaces e rapazas, acompañadas dunha persoa animadora,  adaptamos os xogos ao aire libre, modificamos as aventuras trimestrais, etc.

Unha morea de xogos e diversión a esgalla para Andaina, organizados de tal xeito que lle puidéramos ver algo positivo a esta situación. "O Ranking Pandémico" dáballe forma a unha aventura que non sabemos como vai continuar, pero seguros e seguras que a levaremos a cabo sempre que se poida manter a seguridade para todos e todas (familias, animadores, animadoras, nenos e nenas). Unha maneira de xogar ao mesmo, compartindo patio e tempo pero con moito espazo e hixiene, nunca superando o aforo.

A mañá comezaba con moita música, bo rollo, unha carga de enerxía extra. Tamén con tempo de amigas para compartir como estamos, e aproveitando a oportunidade de ter que facer grupos de 4+1 para coñecerse un pouco máis; porque a primeira impresión é valiosa pero o que ven despois é moito mellor, así que atrevámonos a mirar máis aló da 1ª imaxe!

ADS continuou co fío temático do coñecemento entre os membros do grupo, e o Xogo da Oca foi a excusa perfecta para coñecerse mentres o pasaban xenial! Xogos sen vergoña, probas de coñecemento, etc.

Estas foron algunhas das actividades dos distintos grupos de Andaina e ADS (xa que para non superar o aforo, Saltimbanquis esta fin de semana non participou). Agradecidas por todos os animadores e animadoras que siguen a facer posible as actividades de tempo libre educativo, e siguen a traballar para que o que fagamos sexan actividades seguras.

Pinchando aquí podedes ver as fotos da mañá.