Logo de ter cancelado as actividades de tempo libre educativo do centro xuvenil a semana anterior por mor do pouco tempo de reacción e reestructuración, esta pasada fin de semana, venres 30 de outubro de 2020, organizámonos de tal xeito que cumprindo as medidas sanitarias e a actual normativa, xuntámonos en grupos reducidos de 5 persoas,  adaptamos os encontros ao aire libre ou pedimos emprestados distintos espazos da Obra Salesiana en Vigo, etc.

Un xogo sinxelo que non precisaba de contacto pero con moita música, bo rollo e, para moitos e moitas (incluído o equipo de animadores) unha carga de enerxía para sobrelevar esta situación, foi suficiente para retomar algunhas sensacións do que fora e queremos que siga sendo o Catecumenado. Tempo de grupo para compartir como estamos, poder soñar como queremos estar e que camiño iniciar/facer para chegar aló, foron algunhas preguntas para darlle o sentido ao encontro dos grupiños de Catecumenado I. Todo isto, mentres Catecumenado II se reunía na igrexa, un bo lugar no que pensar e compartir que é eso de confirmarse.

Estas foron algunhas das actividades dos distintos grupos de Iniciación e Catecumenado. Pero non queremos esquecernos de agradecer a todos os animadores e animadoras que siguen a facer posible as actividades de tempo libre educativo, que se ofreceron para dinamizar os diferentes momentos dun grupiño de 4 persoas, e siguen a traballar para que o que fagamos sexan actividades seguras.

Pinchando aquí podedes ver algunhas imaxes.