Comezábamos a fin de semana do 17 de outubro de 2020, abrindo as portas ás 11,00 h. para acoller a 9 grupos dun máximo de 10 participantes, acompañados polos seus respectivos animadores e animadoras. Saltimbanquis, Andaina e ADS adaptaban as súas acividades acolléndose á normativa do momento, buscando alternativas sen contacto e cumprindo todas as medidas sanitarias.

Tempo de reencontros, con distancia física pero non social, na que se retomaron os tempos de paz, os xogos no patio, os bailes e os obradoiros, esas actividades que tanto nos caracterizan, que tanto gustan e que levávamos tanto tempo sen facer.
Seguiremos a traballar para continuar Alternativa Vaivén adaptándonos ás circunstancias.

 

Pincha aquí para ver as imaxes da mañá!