Esta actividade de conciliación tivo un formato semellante a outras “Mañás de...” pero coa particularidade de que na inscrición cada un dos 73 participantes puideron elixir a actividade que facían na primeira parte da mañá (en colaboración co Clube Salesianos de Baloncesto, e a sección de fútbol sala), e logo de merendar, continuar cunha proposta común como obradoiros, actividades na natureza, rastrexos pola cidade, xogos adaptados, etc.

Queremos agradecer a confianza de todas as familias que apostaron por Abertal e o seguen a facer nestes momentos de “nova normalidade” tan complexos. Continuaremos traballando polos nenos, nenas, mozos e mozas, no formato que poidamos, adaptándonos ás circunstancias como en anteriores ocasións.

Aquí tedes unha escolma de fotos.