imprimir

O Centro Xuvenil Abertal imparte o Curso de Monitor de Tempo Libre, abalado pola Escola de Tempo Libre Don Bosco en 200 h. combinando formación presencial e telemática

A titulación de monitores e monitoras de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas "Escolas de tempo libre". Entre estas, atópase a Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco, recoñecida para ese efecto o 1 de Xuño de 1986.

Abertal converteuse en promotora desta formación, referente na cidade. Para iso contamos con profesores especializados en cada materia. Psicólogos, pedagogas, educadores, mestres, etc. Todos e todas elas con ampla experiencia na animación no tempo libre. Combinando formación teórica, dinámicas, xogos e unha ampla variedade de ferramentas coas que dotar aos alumnos e alumnas para as súas prácticas ou futuro laboral.

Temos a un total de 20 persoas apuntadas e até o momento impartíronse materias como Necesidades Educativas Epeciais, Xogos e dinámicas, Metodoloxía educativa, Psicoloxía, etc.

A parte teórica son 200 horas nas que se combina formación presencial e telemática debido á nova situación que estamos a vivir. Esta última esta deseñada como unha aula virtual na que presentar traballos, solucionar dúbidas, videochamadas, etc.

Unha vez acabada e avaliada a fase teórica ofrecémoslles a oportunidade de realizar connosco as prácticas nos nosos campamentos urbanos ou actividades de conciliación. É unha maneira moi dinámica de aprender xa que se intercalan xogos e experimentan con talleres que logo eles e elas mesmas desenvolverán con outros destinatarios e destinatarias.

Pincha aquí para ver algunhas fotos do curso