Logo de meses sin vernos, os grupos Saltimbanquis, Andaina e ADS quixeron manter 4 encontros locais, nas instalacións do centro xuvenil Abertal xa que este verán non poderíamos gozar dos campamentos cos nosos amigos e amigas de outros centros xuvenís.

Acordando 2 martes e 2 xoves en horario de 17,00 h. a 20,00 h. e coñecendo algúns dos seus intereses para o lecer optamos polas seguintes actividades: 

No primeiro día compartimos xogos no patio, presentacións, explicacións do calendario e actividades máis frescas.

Tie dye: cada quen trouxo unha camiseta que quería decorar e con diversos tintes e técnicas puideron elaborar unhas fermosas imaxes que lucir nas súas prendas de roupa. O grupo de maiores, ADS, tamén tivo a alternativa de aprender a serigrafiar unhas fermosas camisetas de lembranza xa que moitas persoas remataban Alternativa Vaivén.

Cociña: esta é unha actividade que gusta moito durante o ano, así que aproveitando que tiñamos máis tempo e atendendo á demanda de rapaces e rapazas desenvolvimos as nosas dotes culinarias en forma de tortitas de cores, empanadillas de atún, tarta de queixo e fajitas.

Xogos de auga: coa calor que estamos tendo, non podían faltar na escolma de actividades unha tarde de xogos de auga e por iso puxemos a creatividade a traballar e así sairon unha morea de xogos como o rugby con pastilla de xabón, twister escorregadizo, tobogán de auga, pita esponxa, brilé de auga, guerra de auga, etc.

ADS, foi recadando cartos para a súa actividade autoxenerada, decidiu empregalos nunha excursión para rematar este curso e despedirse con bo sabor de boca logo de estar confinadas e non poder facer moitas actividades das que tiñan pensadas. E acordaron que Castrelo-Cambados era un bo lugar no que xogar, cear e facer unha velada. 

 

E con isto, pechamos o "Vaivén no Verán" que tantos bos momentos nos trouxo a nenos, nenas, mozos, mozas, animadores e animadores; para rematar este curso 19/20 cun bo sabor de boca e con ganas de comezar as actividades (coas medidas que acheguen as autoridades sanitarias).

 

Pincha aquí para ver as fotos