Durante todo o confinamento, os grupos de Catecumenado mantiveron na medida do posible encontros virtuais, de xeito que o grupo se foi convertindo nun apoio máis e un momento de desconexión nestes meses. Pois con moitas ganas, agardando á fase na que se puideran realizar actividades xuvenís, o grupo de Catecumenado 1 era o primeiro en reunirse presencialmente (agardando a que se animen o resto de grupos), o pasado xoves 11 de xuño 2020, mantendo as distancias e reprimindo eses abrazos que tantas ganas tiñan de darse. Faltou tempo de reunión para propoñer actividades para o verán, nas que o voluntariado ocupaba un bo lugar. Tempo para retomar as relacións, poñerse ao día, facer plans e moitas risas, que ben o necesitaban!