imprimir

Abertal está a participar este curso no proxecto Participa  de Emaús, concretamente no Grupo Motor.

Trátase dun grupo no que coinciden representantes de institucións e/ou entidades de iniciativa social, cultural e de lecer, persoal técnico, persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social e persoas representativas do mundo da arte, da música ou da cidadanía non organizada.

Persoas interesadas en participar e colaborar nun diagnóstico que ofreza orientacións á hora de deseñar e avaliar o desenvolvemento de accións colectivas que fomenten a participación inclusiva e, con iso, incidir na redución dos prexuízos existentes no imaxinario colectivo sobre as persoas afectadas por situacións de exclusión social. Deste xeito trabállase pola obtención dun diagnóstico compartido máis representativo, entendendo que as responsabilidades e as claves para conseguir sociedades máis xustas e cohesionadas han de ser compartidas por todas as persoas involucradas nestas. 

Estes días trasladáronnos o resultado da 3ª sesión do Grupo Motor, e o queremos compartir con vós o vídeo: