Unha Pascua diferente pero igualmente enchida de sentido.

Vai uns días celebramos a iPascua dun xeito novo, diferente e un tanto extraño. Foi unha nova experiencia para todos e todas por este suceso do COVID-19 que estamos a vivir. A familia salesianos decidiu que a Pascua debía saír adiante aínda que fose de xeito dixital, respectando a distancia social pero máis unidas que nunca. Por isto programouse unha páxina web con materias varios e recursos para ir traballando cada día, cada quen ao seu ritmo.

Os días estaban compostos por un vídeo de presentación inicial onde se nos explicaba o significado do día para darlle sentido a todo o que viña a continuación. Posteriormente un vídeo de oración no cal adoitaba mostrarse unha canción acompañada dunhas preguntas para reflexionar. A iPascua estaba dividida en tres bloques de idades: nenos/as maís familias, mozos/as e adultos. Logo da oración se propoñían unha serie de textos e vídeos adaptados á idade e dos teus intereses dos que podías escoller. Pola tarde quedábamos por videochamada cos grupos (xente semellante en idade pero de diferentes procedencias) da iPascua para compartir a experiencia do día, reflexións que levamos a cabo e algunha que outra novidade. Xa para rematar o día, o grupo de xente de Vigo gustábanos facer unha videochamada para ver a celebración da tarde todos xuntos e compartir reflexións e inquedanzas (do día da iPascua ou da cuarentena).

Durante os distintos días tratáronse temas moi amplos e únicos que están moi presentes todos os días na nosa vida de maneiras diferentes: o amor, a liberdade, as cruces, o perdón, o silencio, a esperanza, o servicio… Todos estes moi humanos, moi salesianos e moi cristianos. Preguntámonos sobre os nosos medos, inseguridades, cruces que cargamos nós e cargamos noutros, como é a nosa maneira de perdonar e amar, con qué cousas nos conformamos ou arriscamos na nosa maneira de camiñar na vida.

Cada un de nós vivíu esta Pascua dunha maneira diferente, con liberdade, con distintas intensidades, ninguna mellor ca outra. Cada quen deulle o seu sentido e a súa entrega, que rematou sendo moi proveitosa.