imprimir

Coa pena de non ir a Lugo á Xuntanza dos grupos de Catecumenado, quixemos manter unha actividade na que os grupos de Catecumenado de Vigo aproveitáramos para convivir e seguir compartindo experiencias xuntos e xuntas.

A xornada en Compostela comezou cun xogo de presentación xa que moitas des persoas que alí estabamos non coñeciamos a todas as persoas do resto dos grupos, e entre risas e bo rollo, arrancamos a mañá. Para continuar, decidimos que por grupos mesturados poderiamos compartir experiencias de comunicación e de incomunicación; unha boa oportunidade para falar xa en serio, de cousas que non adoitamos falar coa xente que nos tocou no grupo.

Logo de preparar a mesa e compartir a comida no Centro Xuvenil Don Bosco de Santiago de Compostela, aproveitamos para ter unha sobremesa desas que gustan tanto e que se repiten nos campamentos de verán en Catecumenado. Cos xogos do tabú, pictionary, mímica e furor comezamos a tarde, e continuamos cun tempo libre para coñecer a cidade, tomar un café e seguir coas conversas da mañá.

Unha xornada xeitosa na que continuar facendo piña!

Pincha aquí para ver algunhas imaxes.