Xa na súa XIII edición, a Asociación Centro Xuvenil Abertal (Vigo, r/Venezuela, 3) abriu as súas portas no medio desta situación de dificultade para moitas familias ofertando as “XIII Mañás de Verán” como unha opción de conciliación moi valiosa nos tempos que corren. Está a ser un campamento adaptado ás idades, de entre 3 e 14 anos, aberto á cidade, tendo a opción de apuntarse ata 6 semanas, coincidindo coas vacacións estivais, ao longo dos meses de xuño e xullo 2020.

Ler máis: XIII Mañás de Verán

Os grupos de Alternativa Vaivén (Saltimbanquis, Andaina e ADS) do Itinerario de Educación na Fe deron por rematado este curso dun xeito especial, coa Festa dos Símbolos.

Ler máis: Festa dos Símbolos - Alternativa Vaivén

ESTE VERÁN, COMO NUNCA! NESTE VERÁN, MÁIS CA NUNCA! ESTE VERÁN, TODO HA SEGUIR BEN!

MAÑÁS DE VERÁN, CAMPAMENTOS URBANOS DA FEDERACIÓN DE CENTROS XUVENÍS DON BOSCO DE GALICIA NA CORUÑA, LUGO, SANTIAGO, OURENSE E VIGO

Ler máis: Neste verán, máis ca nunca!

Durante todo o confinamento, os grupos de Catecumenado mantiveron na medida do posible encontros virtuais, de xeito que o grupo se foi convertindo nun apoio máis e un momento de desconexión nestes meses. Pois con moitas ganas, agardando á fase na que se puideran realizar actividades xuvenís, o grupo de Catecumenado 1 era o primeiro en reunirse presencialmente (agardando a que se animen o resto de grupos), o pasado xoves 11 de xuño 2020, mantendo as distancias e reprimindo eses abrazos que tantas ganas tiñan de darse. Faltou tempo de reunión para propoñer actividades para o verán, nas que o voluntariado ocupaba un bo lugar. Tempo para retomar as relacións, poñerse ao día, facer plans e moitas risas, que ben o necesitaban!

 

Abertal está a participar este curso no proxecto Participa  de Emaús, concretamente no Grupo Motor.

Trátase dun grupo no que coinciden representantes de institucións e/ou entidades de iniciativa social, cultural e de lecer, persoal técnico, persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social e persoas representativas do mundo da arte, da música ou da cidadanía non organizada.

Ler máis: Participa - Emaús