Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, volvemos a ofrecer unha nova edición, e xa van quince, do proxecto “MAÑÁS DE VERÁN”.

  • Datas: do 27 de xuño ao 1 de xullo, do 4 ao 8 de xullo, do 11 ao 15 de xullo, do 18 ao 22 de xullo e do 26 ao 29 de xullo.
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
  • Participantes: cada semana están dispoñibles 100 prazas, para nenos/as desde 4º de Educación Infantil (con data de nacemento no ano 2018), ata 2º ESO incluídos (con data de nacemento no 2008).
  • Horario de actividade: de 8:45 a 14:15, de luns a venres.
    • Entrada: de 8:45 a 9:30.
    • Saída: de 13:30 a 14:15.
  • Para facilitar a conciliación, ofertamos o servizo de madrugadores, de 7:45 a 8:45, e o servizo de friameira, de 14:15 a 15:30.
  • Prazo de inscrición: do 18 de maio ao 15 de xuño.

COTA BASE

DESCONTOS

SOCIO/A ANPA

SOCIO/A ABERTAL

2º IRMÁN/Á OU MÁIS

1 semana

60€

5 €

5 €

5 €

2 semanas

105€

3 semanas

150€

4 semanas

180€

5 semanas

210€

 

(*) Estes tres descontos son acumulativos

(*) Pódese participar semanas soltas ou campamento completo, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos.

COMPLEMENTOS / SERVIZOS

MADRUGADORES

10€/semana

(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as.

FRIAMEIRA

12€/semana

(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as.

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover un verán activo e participativo axeitado ás idades das persoas participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

O tipo de actividades que levaremos a cabo son: xincanas, busca de tesouros, excursións á praia todas as semanas, xogos pola cidade, obradoiros, deportes, animación á lectura, xogos de auga, rastrexos, cociña…

A información definitiva do campamento, e as indicacións de entradas e saídas, chegaravos por correo electrónico unha vez formalicedes a inscrición online.

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.