Desde o Centro Xuvenil Abertal volvemos poñer ao voso dispor unha nova edición, e xa van catorce, do proxecto “Mañás de Verán”.

As datas: do 23 ao 25 de xuño, do 28 de xuño ao 2 de xullo, do 5 ao 9, do 12 ao 16, do 19 ao 23 de xullo e do 26 ao 30 de xullo nas instalacións do Colexio Salesianos de Vigo.

Os horarios de actividade son de 9:30h a 13:30h de luns a venres, estando as portas abertas para a entrada de 8:45h a 9:30h. Ao mediodía, a saída será de 13:30h a 14:15h.

Para facilitar a conciliación volvemos ofertar o servizo de madrugadores de 8:00 a 8:45 horas e o servizo de friameira de 14:15 a 15:30 horas. Horario de saída de friameira de 15:00 a 15:30 horas.

Contamos con 100 prazas/semana. Os destinatarios/as serán nenos/as desde 4º de Infantil (nacidos no 2017), ata 2º ESO incluídos (nacidos no 2007).

Pero non somos alleos á situación que nos rodea, e que a forma de actuar e os costumes habituais deben cambiar para adaptarnos á situación orixinada polo Covid19.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras, as entradas e saídas dos nenos e nenas realizaranse por diferentes portas e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un verán activo e participativo axeitado ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

O tipo de actividades que levaremos a cabo son: xincanas, búsquedas do tesouro, excursións á praia todas as semanas, xogos pola cidade, obradoiros, deportes, animación á lectura, xogos de auga, rastrexos, cociña ….

Pódese participar semanas soltas ou campamento completo, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos.

Os prezos son:

Primeiros 3 días:

  COTA NON SOCIO/A COTA SOCIO/A ABERTAL
Do 23 ao 25 de xuño 35€ 30€

Semanas enteiras:

  COTA NON SOCIO/A COTA SOCIO/A ABERTAL
1 semana 50€ 45€
2 semanas 100€  por       95€ 90€
3 semanas 150€  por     140€ 130€
4 semanas 200€  por     185€ 170€
5 semanas 250€  por     230€ 210€


Servizo de madrugadores:
10€/semana (do 23 ao 25 de xuño 6€) (mínimo de 10 nenos/as anotados)


Servizo de friameira
: 15€/semana (do 23 ao 25 de xuño 9€) (mínimo de 10 nenos/as anotados)

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar en Abertal para buscar a mellor solución.

Podedes facer as inscricións do 18 de maio ao 15 de xuño.

A información do campamento, as indicacións de entradas e saídas, os protocolos sanitarios e a declaración responsable chegaravos por correo electrónico unha vez formalicedes a inscrición online.