Desde o Centro Xuvenil Abertal volvemos poñer ao voso dispor unha nova edición, e xa van trece, do proxecto “Mañás de Verán”.

Pero non somos alleos á situación que nos rodea, e que a forma de actuar e os costumes habituais deben cambiar para adaptarnos á situación actual orixinada polo Covid19. Isto fai que unha vez máis nos teñamos que reinventar e ser creativos á hora de poder combinar seguridade e actividade.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras, as entradas e saídas dos nenos e nenas realizaranse por diferentes portas e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

As datas:

Do 22 ao 26 de xuño, do 29 de xuño ao 3 de xullo, do 6 ao 10, do 13 ao 17,  do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo nas instalacións do Colexio Salesiano de Vigo.

Horarios de actividade:

Son de 9:30h a 13:30h de luns a venres, estando as portas abertas para a entrada de 8:30h a 9:30h. Ao mediodía, para facilitar a recollida, a porta estará aberta de 13:30h a 14:30h (servizo incluído).

Como novidade, damos a posibilidade de anotarvos a unha quenda pola tarde. As datas serán as mesmas e os horarios de actividade son de 16:00h a 20:00h de luns a venres, estando as portas abertas para a entrada de 15:00h a 16:00h. e para facilitar a recollida de 20:00h a 21:00h.

 

Os obxectivos deste proxecto son: traballar na reparación das relacións sociais tras un período de confinamento, volvendo á normalidade e fomentando a educación entre iguais nun ámbito de xogo e diversión, ofertar un tempo de lecer educativo, que favoreza o desenvolvemento de valores humanos e hábitos saudables, dende un clima de diversión e entretemento.

Contamos con 100 prazas/semana. Os destinatarios/as serán nenos/as desde 4º de Infantil (nacidos no 2016), ata 2º ESO incluídos (nacidos no 2006).

Pódese participar semanas soltas ou campamento completo, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos.

Os prezos son:

 

-COTA NON SOCIO/A

-COTA SOCIO/A ABERTAL

-COTA IRMÁN/Á NON

SOCIO/A

-COTA IRMÁN/Á

SOCIO/A ABERTAL

1 semana

50€

45€

40€

2 semanas

100€  por     90€

85€

80€

3 semanas

150€  por   130€

120€

115€

4 semanas

200€  por   170€

160€

155€

5 semanas

250€  por   210€

195€

190€

6 semanas

300€  por   250€*

235€

230€

*Unha semana de desconto ao anotarse ás 6 semanas

 

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar en Abertal para buscar a mellor solución. Podedes facer as inscricións ata o xoves anterior da primeira semana na que vai participar o rapaz/a.

*Antes de comezar a actividade teredes que asinar o Modelo de aceptación de condicións de participación, obligación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil.

 

Máis información en 986 20 56 62 ou 606 64 42 46