Debido á demanda de moitas familias por conciliar a vida laboral e familiar no mes de setembro, antes de inicio do curso, e trala boa experiencia de anos anteriores, a Asociación Centro Xuvenil Abertal, comunicámosvos a posta en marcha das “XI Mañás de Setembro”.
Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos rapaces e rapazas, a participación e o traballo en equipo, fomentar a cooperación e a diversión, empregando novamente as instalacións do colexio fóra do horario escolar.
Datas: do 2 ao 10 de setembro (de luns a venres).
Lugar: Instalacións do Colexio Salesianos e do Centro Xuvenil Abertal.
Destinatarios/as: Nenos e nenas de 4º de Infantil (ano de nacemento 2020) a 2º ESO (ano de nacemento 2010) incluídos.
Horario de actividade: de 8:45 h a 14:15 h.
Entrada: de 8:45 h a 9:15 h. / Saída: de 13:45 h a 14:15 h.
* A entrada e saída de rapaces e rapazas realizarase pola entrada de Abertal (Rúa Venezuela 3)
* Para poder facilitar a conciliación, ofrecemos os servizos de Madrugadores, de 7:45 a 8:45 horas, e Friameira (cada neno/a trae a súa comida), de 14:15 a 15:30 horas.
Prazo de inscrición: do 1 ao 27 de agosto Ata completar prazas!
Cotas:
COTA BASE |
DESCONTOS |
|||
SOCIO/A ANPA |
SOCIO/A ABERTAL |
2º IRMÁN/Á OU MÁIS |
||
85 € |
5 € |
5 € |
5 € |
|
|
(*) Estes tres descontos son acumulativos |
|||
COMPLEMENTOS / SERVIZOS |
||
MADRUGADORES |
14 € |
(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as. |
FRIAMEIRA |
17 € |
(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as. |
A organización das XI Mañás de Setembro será a seguinte:
- Primeira actividade (de 9:15 h a 11:15 h): os nenos e nenas poderán escoller entre:
- Multideporte
- Actividade de Abertal
- Tempo libre e merenda (de 11:15 h a 11:45 h): hai que traer merenda e botella de auga.
- Segunda actividade (de 11:45 h a 13:45 h). Tódolos nenos e nenas farán unha actividade organizada por Abertal (obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, busca do tesouro…).
Para máis información: Asociación Centro Xuvenil Abertal
R/Venezuela 3, baixo – 36203 (Vigo)
Teléfonos: 986 225 662 / 606 644 246 Correo electrónico: abertal@abertal.org