Debido á demanda de moitas familias por conciliar a vida laboral e familiar no mes de setembro antes do inicio do curso e despois da boa experiencia dos anos pasados, a Asociación Centro Xuvenil Abertal, coa colaboración do Club de Baloncesto Salesianos (sección de baloncesto e sección de fútbol sala), poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das “IX Mañás de Setembro”.
Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, fomentar a cooperación e a diversión e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fóra do horario escolar.
Datas: do 1 ao 7 de setembro (de luns a venres)
- Lugar: Instalacións do Colexio e do Centro Xuvenil.
- Destinatarios/as: Nenos e nenas dende 4º de Infantil (nacidos en 2018) ata 2º ESO (nacidos en 2008) incluídos.
- Horario: Entrada: de 8:30 a 9:00 h / Saída: de 14:00 a 14:30 h.
Os nenos e nenas de Educación Infantil (nacidos entre os anos 2018 e 2016) entrada e saída polo portalón verde do patio, no calexón dos Salesianos.
Os nenos e nenas de Educación Primaria e ESO (nacidos entre o 2015 e o 2008) entrada e saída por Abertal (Rúa Venezuela nº 3).
- Prazo de inscrición: do 5 ao 28 de agosto (ámbolos dous incluídos).
- Cotas:
COTA BASE |
DESCONTOS |
|||
SOCIO/A ANPA |
SOCIO/A ABERTAL |
2º IRMÁN/Á OU MÁIS |
||
65€ |
5 € |
5 € |
5 € |
|
|
(*) Estes tres descontos son acumulativos |
|||
A organización das IX Mañás de Setembro será a seguinte:
- Primeira actividade (de 9:30 a 11:30 h): os nenos e nenas poderán escoller como actividade:
- Adestramento de fútbol, realizado por adestradores/as do club.
Dirixido a nenos e nenas con data de nacemento entre os anos 2008 e 2018.
- Adestramento de baloncesto, realizado por adestradores/as do club.
Dirixido a nenos e nenas con data de nacemento entre o 2008 e o 2017.
- Actividade de Abertal, dirixida a nenos e nenas con data de nacemento entre os anos 2018 e 2008.
- Tempo libre e merenda: de 11:30 a 12:00 h (traer merenda e botella de auga).
- Segunda actividade de 12:00 a 14:00 Tódolos nenos e nenas farán unha actividade de Abertal. O tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras: obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, búsquedas do tesouro, deportes …
Podedes facer as inscricións ata o 28 de agosto.