Debido a demanda de moitas familias por conciliar a vida laboral e familiar no mes de setembro antes do inicio do curso e despois da boa experiencia dos anos pasados, a Asociación Xuvenil Abertal, coa colaboración do Clube de baloncesto Salesianos (Sección de baloncesto e sección de fútbol sala) poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das “VIII Mañás de Setembro”.

Pero non somos alleos á situación que nos rodea, e que a forma de actuar e os costumes habituais deben cambiar para adaptarnos á situación actual orixinada polo Covid19. Isto fai que unha vez máis nos teñamos que reinventar e ser creativos á hora de poder combinar seguridade e actividade.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

                Datas: do 1 ao 8 de setembro (so os días de luns a venres)

  • Lugar: Instalacións do Colexio e do Centro Xuvenil.
  • Destinatarios: Nenos e nenas dende 4º de Infantil (nacidos en 2017) ata 2º ESO (nacidos en 2007) incluídos.
  • Horario: Entrada: de 8,30 a 9:00h    /    Saída: de 14,00 a 14,30h.

Os nenos e nenas de Educación Infantil (nados ente o 2017 e o 2015) entrada e saída polo portalón verde do patio no Calexón dos Salesianos.

Os nenos e nenas de Educación Primaria e ESO (nados entre o 2014 e o 2007) entrada e saída por Abertal (Rúa Venezuela nº 3)

Os prezos son:

  COTA NON SOCIO/A COTA SOCIO/A ABERTAL
Completo 65€ 60€

A organización das VIII Mañás de Setembro será a seguinte:

  • Primeira actividade: de 9:30 a 11:30 os nenos e nenas poderán escoller como actividade:
    • Adestramento de fútbol realizado por adestradores do clube. Dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2007 e 2017.
    • Adestramento de baloncesto realizado por adestradores do clube. Dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 2007 e o 2016.
    • Actividade de Abertal dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2017 e 2007
  • Tempo libre e merenda: de 11:30 a 12:00 h. traer merenda e botella de auga.
  • Segunda actividade de 12:00 a 14:00 tódolos nenos e nenas farán unha actividade de Abertal: o tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras: obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, búsquedas do tesouro, deportes, …

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, fomentar a cooperación e a diversión e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fóra do horario escolar.

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar en Abertal para buscar a mellor solución.

Podedes facer as inscricións ata o 29 de agosto.