Debido a demanda de moitas familias por conciliar a vida laboral e familiar no mes de setembro antes do inicio do curso e despois da boa experiencia dos anos pasados, a Asociación Xuvenil Abertal, coa colaboración do Clube de baloncesto Salesianos (Sección de baloncesto e sección de fútbol sala) poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das “VII Mañás de Setembro”.

Pero non somos alleos á situación que nos rodea, e que a forma de actuar e os costumes habituais deben cambiar para adaptarnos á situación actual orixinada polo Covid19. Isto fai que unha vez máis nos teñamos que reinventar e ser creativos á hora de poder combinar seguridade e actividade.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

 

            Datas: do 1 ao 9 de setembro (de luns a venres)

  • Lugar: Instalacións do Colexio e do Centro Xuvenil.
  • Destinatarios: Nenos e nenas dende 4º de Infantil (nacidos en 2016) ata 2º ESO (nacidos en 2006) incluídos.
  • Horario: Entrada: de 8,30 a 9:30h    /    Saída: de 13,30 a 14,30h.
    • INFANTIL: Entrada polo patio do colexio (Calexón dos Salesianos)
    • PRIMARIA-ESO: Entrada por Abertal (Rúa Venezuela 3)
  • Prazo de inscrición: ata o 28 de agosto.
  • Cota: 

 

-COTA NON SOCIO/A

-COTA SOCIO/A ABERTAL

-COTA IRMÁN/Á NON SOCIO/A

-COTA IRMÁN/Á SOCIO/A ABERTAL

Completo

65€

60€

55€

 

A organización das VII Mañás de Setembro será a seguinte:

  • Primeira actividade: de 9:30 a 11:30 os nenos e nenas poderán escoller como actividade:
  • Adestramento de fútbol realizado por adestradores do clube.

Dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2016.

  • Adestramento de baloncesto realizado por adestradores do clube.

Dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 2006 e o 2015.

  • Actividade de Abertal dirixido a nenos e nenas nacidos entre os anos 2016 e 2006
  • Tempo libre: de 11:30 a 12:00 h. traer merenda e botella de auga.
  • Segunda actividade de 12:00 a 13:30 tódolos nenos e nenas farán unha actividade de Abertal: o tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras: obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, búsquedas do tesouro, deportes, ...

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, fomentar a cooperación e a diversión e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fóra do horario escolar.

Podedes facer as inscricións ata o 28 de agosto.

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos, se algunha familia se atopa nesta situación, pode falar con Abertal para buscar a mellor solución.