Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que levamos a cabo dende o Centro Xuvenil Abertal, facemos a seguinte proposta: levar a cabo as “IX MAÑÁS DE SEMANA SANTA ”:

  • Datas: 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio.
  • Destinatarios: Nenos e nenas desde 4º de E. Infantil (3 anos), ata 6º de E. Primaria incluídos.
  • Horario:

        * Entrada: de 8,30 a 9,30h. (por Abertal, r/Venezuela nº3)

        * Saída: de 13,30 a 14,00h. (por Abertal, r/Venezuela nº3)

  • Prazo de reserva de praza: do 12 ao 26 de marzo.

  • Cota:

 

Cota normal

Socio/a de Abertal

Actividade completa

55€

50€

Días soltos

15€

13€

 

-        Horario de Información e pagos:

de luns a venres de 09:30 a 13.30 e luns e mércores de 16:30 a 19:30h.

Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46      Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Entroido activo e participativo axeitado ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Pero non somos alleos á situación que nos rodea, e que a forma de actuar e os costumes habituais deben cambiar para adaptarnos á situación actual orixinada polo Covid19. Isto fai que unha vez máis nos teñamos que reinventar e ser creativos á hora de poder combinar seguridade e actividade.

Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

 

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente en Abertal para buscar a mellor solución.