Outro ano máis, dende o Centro Xuvenil Abertal poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das XII Mañás de Nadal.
Serán os seguintes días das vacacións de Nadal: 23, 26, 27, 28, 29 e 30 decembro e os días 2, 3, 4, 5 de xaneiro, nas instalacións de Abertal e do Colexio Salesiano. Nesta edición o horario de actividade será de 08,30 a 14,30 h.
HORARIO E ENTRADAS E SAÍDAS:
- Entrada: de 8:30 a 9:15/ Saída: de 13:45 a 14:30 h
- Os nenos e nenas de entrarán e sairán por Abertal (rúa Venezuela numero 3)
Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Nadal activo e participativo axeitado ás idades dos participantes, e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.
As cotas de participación distribúense do seguinte xeito:
|
Cota normal |
Alumno/a Socio/a ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal |
Alumno Socio/a ANPA do Colexio Salesiano e ademais Socio de Abertal |
Actividade completa (10 días) |
115€ |
110€ |
105€ |
Semana do 26 ao 30 de decembro |
60€ |
55€ |
50€ |
2, 3, 4, 5 de xaneiro |
55€ |
50€ |
45€ |
Días soltos |
15€ |
14€ |
13€ |
Os destinatarios son nenos e nenas dende 4º de Ed. Infantil (3 anos) ata 6º de Ed. Primaria incluídos. Contamos con 50 prazas.
O prazo de inscrición é do 1 ao 18 de decembro, ambos incluídos
Horario de atención: de luns a venres de 09:30 a 13.30 e luns e mércores de 16:30 a 19:30 horas.
Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46 Correo electrónico: abertal@abertal.org
Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente en Abertal para buscar a mellor solución.