Outro ano máis, dende o Centro Xuvenil Abertal poñémonos en contacto con vós para anunciarvos a posta en marcha das XI Mañás de Nadal.

Serán os seguintes días das vacacións de Nadal: 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro, nas instalacións de Abertal e do Colexio Salesiano. Nesta edición o horario de actividade será de 08,45 a 14,15 h.

HORARIO E ENTRADAS E SAÍDAS:

  • Entrada: de 8:45 a 9:30/ Saída: de 13:30 a 14:15 h
  • Os nenos e nenas de entrarán e sairán por Abertal (rúa Venezuela numero 3)

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, promover un Nadal activo e participativo axeitado ás idades dos participantes, e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Pero non somos alleos á situación que nos rodea, e que a forma de actuar e os costumes habituais deben cambiar para adaptarnos á situación actual orixinada polo Covid19, polo que nos rexeremos polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

 

Ofertamos as seguintes opcións das XI MAÑÁS DE NADAL:

 

 

Cota normal

Alumno/a do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal

Alumno do Colexio Salesiano e ademais Socio de Abertal

Actividade completa (12 días)

130€

125€

120€

22, 23 e 24 de decembro

40€

35€

30€

Semana do 27 ao 31 de decembro

55€

50€

45€

3, 4, 5 e 7 de xaneiro

50€

45€

40€

Días soltos

15€

14€

13€

Os destinatarios son nenos e nenas dende 4º de Ed. Infantil (3 anos), ata 6º de Ed. Primaria incluídos. Contamos con 50 prazas.

O prazo de inscrición é do 1 ao 19 de decembro, ambos incluídos

Horario de Información e pagos: de luns a venres de 09:30 a 13.30 e luns e mércores de 16:30 a 19:30 horas.

Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46      Correo electrónico: abertal@abertal.org

 

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente en Abertal para buscar a mellor solución.