Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, facemos a proposta das “XI MAÑÁS DE ENTROIDO”:

  • Datas: 20, 21 e 22 de febreiro
  • Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
  • Destinatarios/as: Nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria incluídos.
  • Horario:

      * Entrada: de 8:45 a 9:30 h (por Abertal, R/Venezuela 3)

      * Saída: de 13:30 a 14:15 h  (por Abertal, R/Venezuela 3)

    –     Servizo de madrugadores de 7:45 a 8:45 h (mínimo 10 nenos/as inscritos/as)

   –      Servizo de friameira de 14:15 a 15:30 h (mínimo 10 nenos/as inscritos/as)

  • Prazo de inscrición: do 7 ao 16 de febreiro

COTAS

Cota normal

Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal

Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano e tamén socio/a de Abertal

Actividade completa

(os 3 días)

45€

40€

35€

Días soltos

15€

14€

13€

Servizo de madrugadores

(os 3 días)

5€

4€

3€

Servizo de friameira

(os 3 días)

9€

8€

7€

Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover un entroido activo e participativo axeitado ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.

Horario Información: luns a venres de 09:30 a 13.30 h, e luns e mércores de 17:30 a 19:30 h.

Teléfonos: 986 22 56 62 / 606 64 42 46      Correo electrónico: abertal@abertal.org

Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.