Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, facemos a proposta das “X MAÑÁS DE ENTROIDO”:
- Datas: 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo
- Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
- Destinatarios: Nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos) ata 6º de Primaria incluídos.
- Horario:
- Entrada: de 8,45 a 9,30 (por Abertal, R/Venezuela 3)
- Saída: de 13,30 a 14,15 (por Abertal, R/Venezuela 3)
- Prazo de inscrición: do 8 ao 22 de febreiro
COTAS |
Cota normal |
Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano ou Socio/a de Abertal |
Socio/a da ANPA do Colexio Salesiano e tamén socio/a de Abertal |
Actividade completa (os 3 días) |
40€ |
35€ |
30€ |
Días soltos |
15€ |
14€ |
13€ |
Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover un entroido activo e participativo axeitado ás idades dos participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.
Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios establecidos. As nosas actividades serán seguras e minimizaremos os contactos entre grupos. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, coma cada ano, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.
Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.
Horario oficina: luns a venres de 09:30 a 13.30, e luns e mércores de 17:30 a 19:30.
Teléfono: 986 22 56 62/606 64 42 46 Correo electrónico: abertal@abertal.org
Aproveitamos para informarvos dos vindeiros proxectos e datas:
- “X Mañás de Semana Santa”: 11, 12, 13 e 18 de abril de 2022
- “XV Mañás de Verán”: do 27 de xuño ao 29 de xullo de 2022