Que é o proxecto Mañás de…?
Son actividades lúdico educativas para nenos e nenas de Infantil e Primaria coa finalidade de ofrecerlles un tempo libre organizado e educativo mentres os pais e nais traballan, favorecendo así a conciliación da vida laboral e familiar
OBXECTIVOS:
- Propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis cativos.
- Propoñer o xogo como elemento educativo e lúdico.
- Divertirse aprendendo cousas novas.
- Promover actividades que animen á lectura, ao deporte, á expresión corporal…
CALENDARIO:
- Mañás de Nadal: vacacións escolares de Nadal sen festivos.
- Mañás de Entroido: vacacións escolares de Entroido sen festivos.
- Mañás de Semana Santa: vacacións escolares de Semana Santa sen festivos.
- Mañás de verán: a última semana de xuño e as catro primeiras semanas de xullo (pode variar segun o ano)