Benqueridas familias, queremos informarvos para que animedes aos vosos fillas e fillos a participar nos grupos de Alternativa Vaivén que comezan as súas actividades do curso 2020 e 2021.

 Que é Alternativa Vaivén?

O conxunto dos 3 grupos infantís de tempo libre (dentro do Itinerario de Educación na Fe) dos sábados pola mañá, cunha proposta educativo-evanxelizadora con estilo salesiano que, a través da experiencia, a actividade, o xogo e a festa, fai unha proposta de inicio nos valores humanos e cristiáns aos nenos e nenas adaptados á súa realidade expresados de diferentes xeitos:

 

Saltimbanquis: 

Grupo para 1º, 2º e 3º de E. Primaria no que gozar de actividades de todo tipo acompañado pola figura de Juanito Bosco e o seu grupo de amigos e amigas.

Andaina

Grupo para 4º, 5º e 6º de E. Primaria cunhas Regras de Ouro do Bosque Andaina.

ADS (Amigos Domingo Savio):

Grupo para rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO no que propoñemos a Domingo Savio como modelo.

 

Como vai ser Alternativa Vaivén este ano?

Debido á situación actual (Covid), haberá algunhas modificacións na metodoloxía dos encontros. O uso da mascarilla será obrigatorio, empregaremos hidroxel antes,durante e despois das reunións, tomaremos a temperatura na entrada, os grupos serán reducidos (10 mozos/a por cada animador/a), minimizaremos ao máximo as actividades de contacto, polo de agora non celebraremos encontros autonómicos, acampadas, etc; cumprindo as medidas propostas polas autoridades sanitarias.

 

Cando comezamos? A que hora?

O inicio oficial das actividades é o vindeiro sábado 17 de outubro de 2020 ás 11,00 h. ata as 13,00 h. A entrada será por Abertal (rúa Venezuela 3). Para facilitar a xestión de entradas e saídas, é indispensable non aglomerarse na porta e chegar puntuais, nunca máis aló das 11,30 h. Para poder acceder o primeiro día será necesario entregar asinada a Declaración Responsable.

 

(Pincha aquí para coñecer todo o Plan de Actuación nas Actividades do I.E.F. con motivo da Covid-19)


Socios e socias

Para asistir ás actividades será imprescindible facerse socio/a debido á situación sanitaria actual (necesidade de ter rexistradas a todas as persoas asistentes). Tamén, para poder seguir mantendo economicamente as actividades, precisamos que haxa compromiso asociativo por parte de todos e todas.
Para facilitar esta xestión, completamente telemática, engadimos a ligazón onde aparece toda a información para asociarte: https://abertal.org/plataforma

 
Agardámosvos!

Un saúdo do equipo de animadores e animadoras de Alternativa Vaivén.