Despois deste período de inscrición e tras o feedback con moitos de vós, decidimos facer algunhas modificacións na proposta orixinal de Tardes Abertas e Tempo Extra para poder atender ás diversas necesidades que nos tedes comentado ao longo destes días. En primeiro lugar a idea destes cambios é facilitar que poidades coller menos xornadas en caso de precisalo e logo poder abaratar a proposta para aquelas familias que decidades optar por máis días, sexades socias de Abertal ou ben teñades varios fillos ou fillas.

 Como xa sabedes ofertamos actividades de lecer educativo que pretenden fomentar a educación entre iguais nun ámbito de xogo e diversión, que favoreza o desenvolvemento de valores humanos e hábitos saudables dos nenos e nenas. Rexerémonos en todo momento polos protocolos sanitarios pertinentes, as nosas actividades serán seguras e minimizaremos o contacto físico entre os nenos e nenas. Todos isto sen perder a nosa esencia e facendo, que os rapaces e rapazas gocen dun tempo de lecer de calidade.

 As actividades de Tempo Extra (Baile Moderno, Patinaxe, Xogamos co Inglés, etc) comezarán como estaba previsto o día 1 de outubro e o inicio das actividades de Tardes Abertas aprázase para o 15 de outubro (xoves) e rematarán o 31 de xaneiro, coa posibilidade de ampliar máis tempo, se o horario lectivo continua sendo de mañá. No caso de Tardes Abertas, o primeiro mes cobrarase á metade do prezo que indica a táboa de cotas para unha mensualidade.

A oferta é a seguinte:

TARDES ABERTAS

COTA

EI

EP

TARDES ABERTAS

De luns a xoves de 15,30 - 17,30 h.

Salas de Abertal

40 (grupos de 10 + 1 monitor/a)

90€/mes -> 4 días (dto. 10€) sae por 2,81€/h

EI

EP

70€/mes -> 3 días (dto. 5€) sae por 2,92€/h

50€/mes -> 2 días sae por 3,13€/h

25€/mes -> 1 día sae por 3,13€/h

COTAS SOCIOS/AS ABERTAL OU SEGUNDO IRMÁN

85€/mes -> 4 días (dto. 15€) sae por 2,66€/h

65€/mes -> 3 días (dto. 10€) sae por 2,71€/h

45€/mes -> 2 días (dto. 5€) sae por 2,81€/h

20€/mes -> 1 día (dto. 5€) sae por 2,50€/h

 

*Tardes abertas: xogos, obradoiros, deportes,... Faranse 4 grupos de 10 nenos e nenas intentando manter, na medida do posible, os grupos das clases do colexio.

 

ACTIVIDADE

DÍAS

HORARIO

INSTALACIÓNS

PRAZAS

COTA

EI

EP

BAILE MODERNO

Martes e Xoves

15,30 - 16,30

Ximnasio

10

30€/mes

EI

EP

INICIACIÓN Á PATINAXE ARTÍSTICA

Luns e Mércores

15,30 - 16,30

Polideportivo

10

30€/mes

EI

 

PATINAXE ARTÍSTICA

Luns e Mércores

15,30 - 16,30

Polideportivo

10

30€/mes

 

EP

XOGAMOS CO INGLÉS

Luns e Mércores

17,30 - 18,30

Salas de Abertal

10

30€/mes

 

EP

MÚSICA E XOGOS TEATRAIS

Luns e Mércores

17,30 - 18,30

Salas de Abertal

10

30€/mes

EI

1º-4º

MÓVETE!

Martes e Xoves

17,30 - 18,30

Ximnasio/Patio

10

30€/mes

EI

EP

  

Os nenos e nenas que asistan ao comedor, serán recollidos directamente polo monitor/a dos seu grupo. Os que non asistan ao comedor, deberán acceder pola entrada do Centro Xuvenil Abertal (rúa Venezuela nº 3).

 Todas as actividades rexiranse polo Protocolo de prevención e seguridade do Centro Xuvenil Abertal, que teredes a vosa disposición. Tamén deberedes de asinar a declaración responsable correspondente.

 As inscricións están dispoñibles en a partir do día 24 setembro até o 14 de outubro no caso de Tardes Abertas. Cubriranse as prazas por rigorosa orde de inscrición.

Unha vez realizada a inscrición, recibiredes un correo electrónico confirmándovos a vosa praza ou, se é o caso, se quedades en lista de agarda.

As baixas e altas (se houbera prazas dispoñibles) realizaranse do día 15 ao 25 do mes anterior nas oficinas do Centro Xuvenil Abertal (senón efectuarase o cobro do mes seguinte)

Máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo./ 986 20 56 62 ou 606 64 42 46