Estamos a vivir unha situación nova, na que non queremos deixar de apoiar a nenos e nenas, adolescentes e mocidade nesta crise. Despois de meses de encerro nos que faltaron estímulos, relacións, estrutura... crémonos na obriga de, NESTE VERÁN MÁIS CA NUNCA, ofertar actividades de tempo libre educativo para:

 

  • retomar as relacións e os procesos persoais e colectivos da infancia e da xuventude;
  • non estigmatizar a poboación máis vulnerable;
  • avaliar os impactos desta crise na infancia e tentar paliar os danos sufridos, de calquera tipo;
  • educar para a saúde a través do xogo, formándonos na adquisición de hábitos de hixiene;
  • cumprir co dereito fundamental ao lecer contemplado na Convención dos dereitos do neno e da nena.

  

Por todo isto, estamos a acentuar as medidas de protección da saúde e hixiene dos participantes nas actividades de verán, respectando e cumprindo, no dia a día, as condicións e obrigacións hixiénico-sanitarias vixentes: primamos a asunción de novas rutinas de seguridade (suficientes, realistas, axustadas) e estamos a crear protocolos de actuación axeitados ás circunstancias.

 

No seguinte link podes descargar o Plan de Actuación nas Actividades de Verán da Asociación Centro Xuvenil Abertal con motivo da COVID19.

 

Vémonos nas rúas e parques da túa cidade, NESTE VERÁN MÁIS CA NUNCA!

#nesteveránmáiscanunca