A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre” Entre estas encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO (ETLDB), recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.

REQUISITOS
Para a matrícula no curso de monitores é imprescindible  cumprir estes requisitos:
·    Ter máis de 18 anos no comezo do curso (engadir fotocopia do DNI)
·    Ter graduado en educación secundaria, graduado escolar, técnico auxiliar en FP ou equivalente.

PREZO: 250 EUROS (taxas de expedición do título non incluídas)

DESCRICIÓN DO CURSO 
Para a obtención deste título, o alumno/a debe superar dúas fases descritas no decreto vixente na actualidade, reelaborado por esta escola.

A PRIMEIRA FASE, chamada teórico-práctica, é a que se corresponde propiamente co curso. Ten unha duración de 200 horas organizadas en 20 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETLDB dentro das súas competencias.

Combinarase o modelo presencial e online, aínda por determinar a porcentaxe.

A SEGUNDA FASE correspóndese cun período de prácticas, nunha destas dúas modalidades:
    - 14 días de actividades ao aire libre (campamentos, colonias…) en bloques non inferiores a tres días.
    - 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

A MAIORES os alumnos que así o desexen poden complementar esta titulación oficial co certificado de manipulador de alimentos e co certificado de prevención de riscos no tempo libre (incluído no prezo do CMTL).

 

DATAS
Xuño 2020:8,9,10,11,12,15,16,17,18,19,22,23,24,25,26,29,30

Xullo 2020: 1,2,3

Xullo:  L-V 10,13,14,15,16,17, 20, 21, 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30, 31 e  S-D 11,12, 25, 26.



HORARIO de 9h a 14h e de 16h a 21h

*PENDENTES DAS INDICACIÓNS QUE NOS MARQUEN DENDE A XUNTA DE GALICIA

 
AVALIACÓN
A avaliación de ambas frases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos ao comezo de cada curso.

Normas xerais de inscrición
A inscrición no curso farase online (enlace ao final deste artigo), formalizándose coa entrega de 75 €  do importe total do curso.
O restante 175 € da matrícula terase que abonar antes do ecuador do curso. No caso  dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.
O prazo de matricula é do 06/02/2020 ao 03/07/2020 en Abertal ou ben ata acadar o limite de 25 prazas. O importe do curso inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos.
As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

Baixas 
Toda notificación de baixa posterior ao prazo final de inscrición do correspondente curso da dereito á devolución dun 50% do importe de matrícula. Unha vez comezado o curso non haberá devolucións.
A non asistencia a un curso significa a perda de todos os dereitos de matrícula, así como o importe de mesma.

Anulación de cursos
A Escola de Tempo Libre reservase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, a xuízo da entidade. Neste caso devolverase o importe integro da matrícula.

Certificacións
Ao final de cada curso, a Escola de Tempo Libre e animación socio cultural Don Bosco estenderá un certificado de asistencia, co número de horas indicado.

O feito de efectuar unha matrícula supón o coñecemento e aceptación destas normas.