A titulación de directores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre” Entre estas encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO (ETLDB), recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.

REQUISITOS
Para a matrícula no curso de directores é imprescindible  cumprir estes requisitos:

- Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.

- Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.

- Acreditar unha experiencia de traballo como monitor no campo da educación/animación no tempo libre de, alomenos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.

PREZO: 250 EUROS (taxas de expedición do título non incluídas)

DESCRICIÓN DO CURSO 

Para a obtención deste título, o alumno/a debe superar dúas fases descritas no decreto vixente na actualidade.

A PRIMEIRA FASE, chamada teórico-práctica, é a que se corresponde propiamente co curso. Ten unha duración de 150 horas, organizadas en 15 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha asignatura do plano de estudos.

Combinarase o modelo presencial e online segundo determina a normativa autonómica.

A SEGUNDA FASE realizarase unha vez finalizada a anterior, e correspóndese cun período de prácticas, nunha destas dúas modalidades:
    - 14 días de dirección de actividades ao aire libre (campamentos, colonias, albergues…) cun mínimo de 50 participantes (20 en caso de campos de traballo) e en bloques non inferiores a tres días.
    - 150 horas en actividades periódicas cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

A MAIORES os alumnos que así o desexen poden complementar esta titulación oficial co certificado de manipulador de alimentos e co certificado de prevención de riscos no tempo libre (incluído no prezo do CDTL).

 

DATAS. Febreiro: 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28. Marzo: 1


HORARIO. De 9h a 14h e de 16h a 21h

AVALIACÓN
A avaliación de ambas fases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos ao comezo de cada curso.

Normas xerais de inscrición
A inscrición no curso farase online (enlace ao final deste artigo), formalizándose coa entrega de 75 €  do importe total do curso.
O restante 175 € da matrícula terase que abonar antes do ecuador do curso. No caso  dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.
O prazo de matricula é do 21/09/2020 ao 01/02/2020 ou ben ata acadar o límite de 25 prazas. O importe do curso inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos.
As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

Baixas 
Toda notificación de baixa posterior ao prazo final de inscrición do correspondente curso da dereito á devolución dun 50% do importe de matrícula. Unha vez comezado o curso non haberá devolucións.
A non asistencia a un curso significa a perda de todos os dereitos de matrícula, así como o importe de mesma.

Anulación de cursos
A Escola de Tempo Libre reservase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, a xuízo da entidade. Neste caso devolverase o importe integro da matrícula.

Certificacións
Ao final de cada curso, a Escola de Tempo Libre e animación socio cultural Don Bosco estenderá un certificado de asistencia, co número de horas indicado.
O feito de efectuar unha matrícula supón o coñecemento e aceptación destas normas.