CateVerán

Cate verán xurdiu das ganas de recuperar parte do tempo perdido no segundo e terceiro trimestre por razóns obvias. Gozamos de 3 dias xuntos e xuntas, dos que nos 2 primeiros participamos en actividades enfocadas á reflexion e a valorar o que nos rodea cada dia, xa que ás veces non o facemos como nos gustaría.

O terceiro e último dia, achegámonos a Leiro (Ourense) para aproveitar unha xornada soleada de convivencia (con distancia física), onde pola mañá fixemos unha ruta a pé por medio do monte, o cal sempre asegura moitas risas pese á calor e os mosquitos. A hora de comer a pasamos na praia fluvial da vila onde comemos e pasamos a maior parte da tarde. Xa na tardiña, cando o corpo pedía algo máis de calma, achegámonos ao mosteiro de San Clodio, onde tivemos a celebracion e despedida do Catecumenado ata setembro. Foron tres días dos que xa se botaban de menos (destacando o último), debido a que facía xa bastante tempo que non se facía unha actividade así, na que pasar un día en grupo (aínda que fose con distancias e máscara) pasándoo ben como antes de todo isto.