INFORMACIÓNS SOBRE OS CAMPAMENTOS

  • Para os campamentos de Saltimbanquis e Andaina a organización encárgase do transporte até o lugar do campamento. Para os campamentos de ADS, Iniciación e Catecumenado o transporte realizarase por conta propia.
  • A organización fará unha proba de antíxenos a cada participante antes do inicio de campamento, esta realizarase no centro local ao que pertence o participante na mañá do mesmo día de saída. Se algunha familia decide facer a proba noutro centro, esta non deberá exceder das 24 horas anteriores e deberase presentar antes da saída un documento acreditativo da mesma ao equipo animador.
  • En caso de que a proba de antíxenos resulte positiva, non se poderá participar no campamento e derivarase o caso á atención primaria do neno/a para que cunha proba PCR se confirme o resultado. No caso de non poder participar no campamento por unha cuestión deste tipo, de forza maior, procederase á devolución do importe do campamento.
  • En caso de que algún neno/a presente sintomatoloxía compatible coa Covid19 durante o campamento levarase ao centro de saúde máis próximo para ser avaliado por un facultativo.
  • Para os socios/as de Abertal que teñan a cota familiar renovada, ofertarase un desconto do 10% aos segundos irmáns/ás e sucesivos/as sobre o prezo total do campamento (o desconto farase sobre o irmán/a cunha cota de campamento de menor importe). De tódolos xeitos que ningún neno ou nena deixe de acudir por motivos económicos aos campamentos, para máis información consultar en Abertal.
  • A partir do 31 de maio en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición