Co ánimo de seguir favorecendo a conciliación familiar, e tamén co obxectivo de seguir dando a coñecer o proxecto educativo que desenvolvemos desde o Centro Xuvenil Abertal, volvemos a ofrecer unha nova edición, e xa van dezaseis, do proxecto “MAÑÁS DE VERÁN”.
- Datas: do 26 ao 30 de xuño, do 3 ao 7 de xullo, do 10 ao 14 de xullo, do 17 ao 21 de xullo e do 24 ao 28 de xullo.
- Lugar: Instalacións do Centro Xuvenil e do Colexio Salesiano.
- Participantes: cada semana están dispoñibles 100 prazas, para nenos/as desde 4º de Educación Infantil (con data de nacemento no ano 2019), ata 2º ESO incluídos (con data de nacemento no 2009).
- Horario de actividade: de 8:45 a 14:15, de luns a venres.
- Entrada: de 8:45 a 9:30.
- Saída: de 13:30 a 14:15.
- Para facilitar a conciliación, ofertamos o servizo de madrugadores, de 7:45 a 8:45, e o servizo de friameira, de 14:15 a 15:30.
- Prazo de inscrición: do 19 de maio ao 18 de xuño.
COTA BASE |
DESCONTOS |
|||
SOCIO/A ANPA |
SOCIO/A ABERTAL |
2º IRMÁN/Á OU MÁIS |
||
1 semana |
60€ |
5 € |
5 € |
5 € |
2 semanas |
110€ |
|||
3 semanas |
150€ |
|||
4 semanas |
185€ |
|||
5 semanas |
215€ |
|||
|
(*) Estes tres descontos son acumulativos |
(*) Pódese participar semanas soltas ou campamento completo, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos.
COMPLEMENTOS / SERVIZOS |
||
MADRUGADORES |
10€/semana |
(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as. |
FRIAMEIRA |
12€/semana |
(*) Mínimo de 10 inscricións de nenos/as. |
Os obxectivos deste proxecto son educar en valores a través do xogo, propoñer unha oferta de tempo libre educativo para os nenos e nenas, promover un verán activo e participativo axeitado ás idades das persoas participantes e favorecer a creatividade, a participación e o traballo en equipo.
O tipo de actividades que levaremos a cabo son: xincanas, busca de tesouros, excursións á praia todas as semanas, xogos pola cidade, obradoiros, deportes, animación á lectura, xogos de auga, rastrexos, cociña…
A información definitiva do campamento, e as indicacións de entradas e saídas, chegaravos por correo electrónico unha vez formalicedes a inscrición online.
Non queremos que ninguén deixe de participar por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que o exprese directamente en Abertal, para buscar a mellor solución.
Horario de información: de luns a venres, de 09:30 a 13.30; e luns e mércores, de 17:30 a 19:30.
Teléfonos: 986 22 56 62 / 606 64 42 46 Correo electrónico: abertal@abertal.org