Formación Inspectorial e Asemblea do IEF

Baixo o título “A beleza da fe”, este sábado tivo lugar unha xornada de formación para animadores e animadoras de Centros Xuvenís Salesianos. O evento acolleu a case 700 animadores e animadoras pertencentes a 47 casas de salesianos e salesianas, que reflexionaron sobre como utilizar diferentes linguaxes e expresións artísticas na evangelización.

A Delegación de Pastoral de Salesianos Santiago o Maior, que organizou o encontro, optou, nesta ocasión, por unhas xornadas formativas distintas para os animadores dos centros xuvenís, que acompañan a grupos de mozos de educación na fe. Debido ás actuais circunstancias sanitarias, modificouse o tradicional formato do encontro, que adoitaba reunir aos mozos ao longo dun fin de semana. Este ano combinouse o virtual co presencial acudindo ao noso centro local para realizar os distintos talleres animados online polos distintos relatores e relatoras.

O encontro comezou co debuxante Fano, que axudou a entender o traballo formativo da xornada. Posteriormente, os mozos e mozas distribuíronse nos distintos talleres ao longo da mañá e a tarde. Nove talleristas de diversas ramas artísticas como deseñadores gráficos, pintores, coñecedores da arte relixiosa, fotógrafos e músicos axudaron os mozos e mozas a entender estas linguaxes para poder aplicalos no seu traballo cos nenos/as e mozos/as dos grupos de fe.

A arte e a palabra de Deus, música e interioridade, deseño gráfico e evanxelización, fe e pintura, música creativa, vídeo e mensaxe cristiá, foron algúns dos temas que se abordaron. O ilustrador Fano, o músico Toño Casado, os deseñadores Javi Comino ou Jota Llorente, a experta en danza Vitoria Hernández, entre outras, foron os encargados de animar os diferentes talleres. Finalmente elaboramos e participamos na celebración de clausura, na que contamos coa animación musical do cantautor de música cristiá Migueli.

Logo de poñer en común as vivencias dos diferentes obradoiros nos que participamos, avaliamos e recollemos as opinións para poñer a funcionar cos nosos destinatarios e destinatarias de Saltimbanquis, Andaina e ADS. Continuamos a conversa na cea, momento tamén de falar distendidamente e compartir impresións.

 

Pinchando aquí atoparedes unha escolma de fotos da xornada.