V edición do Boscochef

Un ano máis, o Centro xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, co motivo das diferentes celebracións pola conmemoración da figura de Don Bosco, levou a cabo a V edición do Boscochef.

Este obradoiro consistiu nunha actividade de cociña, na que os nenos e nenas aprenderon xunto cos seus pais, a facer ricas receitas de comida en frío. Ditas receitas leváronna a cabo seis estupendos chefs e pinches que colaboran desde os diferentes ámbitos da obra salesiana (colexio, ANPA, Teranga, Abertal e SVE, Parroquia)

As nenas e os nenos, xunto cos seus país, gozaron dunha tarde diferente na que puideron compartir tempo e risas.

Para ver que ben o pasamos preme aquí.