Asemblea de Nadal 2018

Últimos retoques para o cuadraxésimo aniversario do Centro Xuvenil Abertal na asemblea de Nadal. O pasado sábado, 22 de decemebro de 2018, a Asociación Centro Xuvenil Abertal, entidade socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia que está a celebrar os 25 anos da súa existencia, celebrou na súa sede social a Asemblea final de ano, e primeira das asembleas trimestrais que se desenvolven ao longo do curso.

Xornada intensa de encontro e traballo: Convocadas as persoas socias e responsables de todos os proxectos e programaas que se desenvolven na asociación, entre as 10,00 h. e as 16,00 h. do sábado.
Logo do tempo da benvida e acollida, tivo lugar unha cápsula de formación, coma en todas as asembleas, que contribuiu á cualificación e a posta en valor das persoas voluntarias que colaboran con Abertal.
Logo da formación tivo lugar un tempo de posta en común das avaliacións do trimestre e, sobre todo, de programación do seguinte trimestre de actividades, que estará especialmente marcado pola celebración dos 40 anos de abertal e os 125 anos da presenza salesiana na cidade olívica.
Contra o final da mañá e no corazón da xornada tivo lugar a celebración relixiosa de Nadal na que se procedeu tamén ao reparto da Luz da paz de Belén –tradición que se repite anualmente desde o final da Segunda Guerra Mundial querendo levar a Luz e a Paz do Neno de Belén a todos os recunchos do mundo.
Esta mañá de traballo compartido concluiu tamén coa mesa compartida e a sobremesa festiva animada por todas as persoas participantes.

Aquí unha mostra de fotos do ben que o pasaron.